PAIS /NAIS

PAIS / NAIS
Como Pais e Nais de Familia non debemos de menosprezar o deporte nos nosos fill@s e consideralo como unha simple actividade física que serve só para entreterse. Debemos de considerar que se se leva dunha forma axeitada e acorde aos intereses dos nosos fill@s, converterase nun hábito saudable, en todos os sentidos, que formará parte do seu desenvolvemento como persoa. Debemos ser conscientes de que un/unha nen@ que non practica algún deporte durante a súa infancia é moi probable que non o faga durante a súa vida adulta. A actividade física debe ter como obxectivo desenvolver a súa psicomotricidade, coordinación e “fomentar valores humanos” de respecto, convivencia e valor do esforzo. O’s nen@s de 3 a 6 anos aínda non están preparados para soportar exercicios de potencia muscular, por iso, a actividade física óptima para eles deberá estar dominada polo xogo e debe alcanzar os seguintes beneficios:
Beneficios do deporte
• Integra ao nen@ na sociedade e axúdalle a superar a timidez.
• Ensínalle a seguir unhas normas.
• Frea os seus impulsos excesivos.
• Faralle pensar máis nos demais e será menos individual.
• Faralle recoñecer e respectar que existe alguén que sabe máis que el .
• Produce un aumento xeneralizado do movemento coordinado.
• Mellora as súas posibilidades motoras.
• Aumenta o seu crecemento.
• Potencia a creación e regularización de hábitos.
• Estimula a hixiene e a saúde.
• Ensínalle a ter responsabilidades.
• Divirte.
PREDEPORTE
Como novidade este ano arrincamos co predeporte, para idades comprendidas ente os 4 e 7 anos.
O predeporte, ou deporte para os nenos más pequenos, axuda a desenvolver a motricidade, a coordinación, o control das posturas e o equilibrio. Ademais, ensínalles uns patróns básicos que lles servirán na práctica de calquera deporte cando sexan mais maiores. Por iso queremos que formen parte das actividades do club e colexio, son as actividades elixidas por moitos país. Nos xogos predeportivos melloran a percepción, o sentido do equilibrio e ritmo dos nen@s mediante exercicios como: saltar, xirar, desprazarse. Ademais de ir introducidos no deporte para poder elixir mais adiante.
Como podemos ler, os beneficios físicos e psíquicos son moi enriquecedores no desenvolvemento da rapazada. Como pais e nais un dos mellores agasallos que podemos ofrecer é a práctica de hábitos saudables, propiciar o movemento, o xogo, ao realizar actividades en familia para evitar o sedentarismo