EN MEMORIA DE ELVIRA ALVAREZ OSORNO

ELVIRA

"Tería que dicir que hoxe deixounos Elvira

pero sería mentira. 

Nunca nos abandona quen por sempre vive nos nosos corazóns".

Hoxe na luz

hai máis luz,

e o ceo é un lugar mellor

e nós máis pequenos.

 

 Hoxe os anxos

saúdan ledos,

e no ceo cantan cancións

e nós máis pequenos.

 

 Hoxe os recordos

elévanse agarimosos,

e no ceo é festa

e nós máis pequenos.

 

 Hoxe voas ceibe

xunto ao Señor,

e a túa voz é auga

e nós máis pequenos.

 

 Hoxe o teu camiñar

é exemplo,

que fará de nós,

seres menos pequenos. 

Miguel Ángel Alonso Diz